Sobre min

Un nome, tres culturas

Nacín en Vevey, en Suiza, nun entorno francófono onde, xa no instituto, descubrín a miña temprana vocación pola psicoloxía. Anos máis tarde, á idade de 18 anos, vin á universidade de Santiago de Compostela a licenciarme.

A miña traxectoria profesional encamiñoume a A Coruña para traballar no acollemento familiar anos, nunha das medidas de protección á infancia, estaba e continúa estando nesta comunidade xestionado pola cruz vermella.

A miña historia viaxa entre fronteiras e culturas. Sei o que significa cruzar fronteiras, reinventarse, adaptarse a novos códigos e transitar o duelo do que deixas atrás.

Por iso, segundo o idioma no que falemos, o meu nome transfórmase tamén: en francés soa Natasha, ao chegar a Galicia as miñas raíces convirtíronme en Nataxa, e para as persoas máis cercanas son simplemente Nas, Naxa, Nat o Nati. Cambia a forma de nombrarme, pero a miña esencia é a mesma: unha psicóloga que entende que o benestar emocional non entende de mapas e que che atenderá no idioma no que te sintas máis en casa: castelán, galego ou francés.

O proceso da mariposa: o teu espazo para volver a comezar

Se te fixas nos detalles desta web, verás que me acompaña a silueta dunha mariposa. Non é un simple adorno. Para min, é símbolo máis fermoso do que ocorre en terapia.

A mariposa non nace sendo libre nin tendo ás; necesita un tempo de recollemento, unha crisálida protectora onde resgardarse. A crisálida é ese refuxio íntimo, un espazo seguro —tan cálido e cómodo como estar na casa— onde recollerse para poder transformarse e vivir a súa propia metamorfosis. Ir a terapia é regalarche esa crisálida. Un lugar dende onde mirar o que doe, procesar os bloqueos do pasado e sanar, para que poidas despregar as túas propias ás e facer nacer unha versión de ti máis forte, libre e equilibrada.

Respaldo clínico para a túa viaxe

Para acompañarte nesta transformación coa máxima seguridade e rigor, priorizo a formación continua e poño ao teu servizo os meus máis de 10 anos de experiencia clínica (os últimos 3 dedicados en exclusiva á práctica privada en colaboración con clínicas sanitarias de referencia nacional e internacional) xunto ás miñas acreditacións oficiais:

Psicología General Sanitaria

Psicóloga Xeneral Sanitaria

Habilitación legal e clínica indispensable para o exercicio sanitario en España.

Terapia Familiar Sistémica

Terapeuta Familiar Sistémica

Acreditada pola Federación Española de Asociacións de Psicoterapeutas e a Federación Española de Asociacións de Terapia Familiar

Un enfoque que me permite entender as túas dificultades non de forma illada, senón dentro do contexto das túas relacións, a túa historia e o teu contorno. Podes acceder á miña inscrición no Rexistro Nacional de psicoterapeutas a través do enlace https://www.registronacionaldepsicoterapeutas.es/buscador/4649

Terapia EMDR

Terapeuta EMDR

Acreditada polo Instituto Español EMDR e EMDR Europe Association:

Unha ferramenta profundamente eficaz e avalada científicamente para procesar vivencias difíciles, traumas e bloqueos emocionais. Podes atoparme tamén no buscador de terapeutas EMDR a través do enlace: https://terapeutas.iemdr.es/profile/907

Se estás lendo isto, é moi probable que estés buscando un espazo seguro, sen xuízos, onde abordar aquelo que hoxe che preocupa ou che pesa. Quero que sepas que dar o paso de buscar axuda xa é un gran comenzo, e estou aquí para acompañarche ao ritmo que necesites cando sintas que sexa o momento de iniciar o teu propio renacemento.

Sobre mí